Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Critican o proceso de regularización catastral en Pazos que está a duplicar os recibos

RR_Noticias

A Agrupación de Electores Alternativa Veciñal de Pazos de Borbén critican que os veciños teñan que afrontar uns pagos que en moitos casos supoñen duplicar os recibos que viñan pagando ata o de agora e que se pretenda, ademais, cobrar a diferenza de tres anos atrás que “nalgúns casos supón unha enorme carga económica”. Critican tamén que neste proceso de regularización catastral non se está a informar debidamente á xente.

Noutros concellos, explica o edil de Alternativa Veciñal de Pazos, “antes de actuar de oficio levouse a cabo un proceso de regularización voluntaria, onde se lle requiriu á veciñanza a presentación de diversa documentación, mentres que no noso os veciños recibiron directamente unha carta de pago e toda a información que recibiron no concello foi que “hai que pagar”. 
Por outro lado, nun momento de moitas dificultades económicas “parécenos un despropósito que, ao mesmo tempo que o concello mantén o tipo máximo co que grava o IBI, se realice unha regularización onde, en moitos casos, sen realizar obras ningunha nos seus domicilios, se duplican os recibos e, ademais, preténdese cobrar a diferenza de tres anos atrás dun só golpe dando un prazo de pago brevísimo e sen informar debidamente das posibilidades de fraccionamento”.
Alternativa Veciñal anuncia que convocará en breve unha asemblea para trasladar á veciñanza toda a información ao respecto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará