Hoxe é Mércores 6 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aurelio Krook: “A SAR precisa un relevo na directiva para asumir os novos retos”

RR_Noticias

O presidente valora moi positivamente a temporada que acaba de rematar, xa que o equipo masculino acadou a permanencia na Primeira Estatal cunha meritoria sexta praza, dando salida á canteira, e o feminino ascendeu a Divisón de Honra Prata. Con este balance, e tras dez anos na directiva, Aurelio Krook “Lito”, pide un relevo na presidencia.

Esta semana convocarán aos socios a unha asemblea para ofrecer o balance de contas, e abrirase o prazo para que se presenten candidaturas. O actual presidente confía en que se presente algunha candidatura “con novas ideas” para seguir mellorando o club. En canto ó ascenso na categoría feminina é un premio para as xogadoras, que pelexaron durante a temporada e a fase de ascenso para acadar este soño. O Comité de Competición da Federación Española de Balonmán confirmoulle ao equipo redondelán que a praza era súa, xa que o Almasora Castelló non pode ascender porque ese mesmo club xa ten un equipo en División de Honra Prata feminina. Isto é unha boa noticia para o balonmán galego, que contará con catro equipos femininos na categoría, dun total de dez. E un éxito para Redondela, porque dous equipos son locais: a SAR Shopimagen e o Castro Chapela, aos que hai que sumar o Seis do Nadal Coia e o A.D. Carballal Seyolc. Krook sinala que será un reto a nivel económico para o club, que terá que afrontar longos desprazamentos do equipo. Con todo, o feito de que tres dos clubs participantes sexan da provincia é “un alivio”. Polo tanto só serán seis os desprazamentos longos que teñan que afrontar as redondelás, polo esperan que o esforzo económico sexa “asumible”. Torneo Internacional en Portugal Entre os días 24 e 28 de xuño a SAR participará con sete equipos no torneo organizado no país veciño, en Estarreja, Aveiro. O club redondelán viaxa con equipos masculino e feminino nas categorías Alevín, Infantil e Cadete, e co masculino de Xuvenís. Un total de 200 equipos e 3.500 xogadores danse cita neste torneo  

Aurelio Krook presidente da SAR
Valora os éxitos acadados na tempada
Relevo na directiva
Entende que cómpre que hxa cambios e entren ideas novas
Afrontar os retos económicos
Unha situación deportiva excelente mermada pola situación económica

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará