Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

III campus de baloncesto organizado polo Club de Baloncesto de Redondela

RR_Noticias

O Club de baloncesto naceu hai tres anos co obxectivo de promover este deporte e dar unha saída a os xa afeccionados. A súa presidente Paula Fernández López explica que os inicios foron difíciles pero que a día de hoxe conta con case 100 xogadores. Un club que centra boa parte do seu traballo nas actividades escolares pero que de cara a vindeira semana teñen xa en marcha o III campus de baloncesto orientado a mozos e mozas de 5 a 17 anos.

Hoxe día 15 de xuño é o último día para se inscribir no III campus de baloncesto de Redondela. Organizado polo Club de baloncesto local, o campus celebrarase entre os días 22 e 26 de xuño en horario de mañá de 10 a 13:30. As actividades desenvolveranse no pavillón do instituto Mendiño e están orientadas a nenos e nenas nacidos entre os anos 1999 e 2009, é dicir, que teñan entre 5 e 17 anos de idade. O prezo do campus é de 30 euros para aqueles xogadores do club e 40 euros para os alleos á entidade deportiva. Os obxectivos do campus son fomentar o baloncesto, proporcionar aos nenos un espazo no que practicalo xunto con outras actividades paralelas tamén relacionadas co deporte e dar un servizo a pais e nais en período vacacional dos rapaces.    

Paula Fernández presidenta club baloncesto
Fálanos do inicio do club
III Campus
Promover o baloncesto e ofrecer actividades para nenos e mozos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará