Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Corte de tráfico na estrada a Reboreda para ampliar a ponte de Xulian

RR_Noticias

Os traballos terán lugar a partir das 15.00 horas de hoxe  e a previsión é que nas últimas horas da tarde poida recuperarse a circulación con normalidade. A actuación que motiva o corte é a colocación das vigas da ampliación da ponte no cruce da estrada a Reboreda con San Xoán de Arcal.

A estrada PO-250 Redondela-Forzáns pecharase ao tráfico de forma temporal hoxe luns, 15 de xuño, por mor das obras de mellora que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a executar na zona.
Concretamente o corte terá lugar no punto quilométrico 0+160 a partir das 15.00 horas e a previsión é que nas últimas horas da tarde poida recuperarse a circulación con normalidade nesta estrada do concello de Redondela. Mentres dure o corte haberá un dispositivo formado por axentes da policía local regulando o tráfico, que indicará tamén o itinerario recomendado para os vehículos pesados. O traballo proxectado ten por obxecto a mellora da seguridade viaria na ponte sobre o río Alvedosa, co fin de evitar a interferencia entre vehículos e peóns
O proxecto, que foi aprobado en outubro de 2012 pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) e que conta cun orzamento de 120.000 euros, prevé ampliar a estrutura existente para dotar á calzada de dous carrís para a circulación de vehículos e unha beirarrúa nunha das marxes que permita aos peóns circular pola zona e cruzar o río con garantías de seguridade.Está previsto que as obras rematen entre finais de xuño e comezos de xullo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará