Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas proclamado alcalde de Redondela

RR_Noticias

O PP gobernará en minoría logo de que a falta de acordo entre os grupos da oposición non permitise conformar un goberno alternativo. Malia a tensión dos últimos días o pleno desenvolveuse nun ambiente de calma e tranquilidade e o rexedor popular, que asume o bastón de mando por segundo mandato consecutivo, foi proclamado alcalde entre os aplausos do numeroso público que ateigaba o auditorio do Multiusos da Xunqueira. Os concelleiros de BNG e AER saltáronse o guión e empregaron fórmulas alternativas á hora de xurar o cargo.

Na súa primeira intervención, logo de ser ratificado no cargo, Bas fixo un chamamento “a manter o respecto entre os distintos grupos políticos e ideoloxías porque aínda que haxa discrepancias somos a representación dunha gran parte da vontade de Redondela”. Engadiu que non se pode excluír a ninguén “serei o alcalde de todos os veciños e farei o necesario para que exista unha boa comunicación dende o goberno cos movementos asociativos e o resto dos grupos políticos”. Un chamamento a un entendemento político que se fai imprescindible nun mandato no que o PP vai ter que gobernar a base de pactos e acordos co resto dos grupos ao presidir un goberno en minoría con nove concelleiros fronte aos 12 que conforman a oposición. As palabras do xa alcalde chegaban logo dun pleno de investidura desenvolvido no Multiusos da Xunqueira nun ambiente de calma e sosego. Os membros do partidos maioritarios optaron por empregar a fórmula habitual para tomar posesión do seu cargo “prometo pola miña conciencia e honor cumprir fielmente as obrigas do cargo de Concelleiro de Redondela con lealdade ao Rei e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado”. Unha fórmula que se saltaron tanto o edil do BNG como os catro representantes de AER. O nacionalistas Xoán Carlos González manifestaba que “por imperativo legal comprométome a cumprir as obrigas como concelleiro de Redondela ao servizos dos veciños e do pobo galego”. O voceiro de AER, Ricardo FIgueroa usaba a fórmula “por imperativo legal comprométome a gardar e facer gardar esta constitución modificada a gusto de PP e PSOE mentres non haxa outra”.  

Javier Bas alcalde
As primeiras palabras logo de ser investido alcalde foron un chamamento ao entendemento de todos os grupos
Concellerios AER
Empregaron fórmulas alternativas para tomar posesión do cargo
Edil BNG
Xoan Carlos Gónzález tamén optou por usar unha fórmula propia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará