Hoxe é Venres 15 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Cartas de un condenado a muerte” recompila as cartas do republicano Mejuto Bernárdez

RR_Noticias

O multiusos da Xunqueira acolle hoxe xoves 11 de xuño, ás 21.00 h, a presentación do libro “Cartas de un condenado a muerte” (Alvarellos Editora), de José Mejuto Bernárdez. Cartas que este preso republicano enviou a súa familia dende os penais de Vigo, San Simón e Pontevedra antes de ser fusilado o 27 de xullo de 1937 e que foron reunidas pola súa neta, Ana Paula Mejuto e entregadas á Real Academia Galega. Unha documentación emotiva e histórica que sae agora á luz.

A recompilación destas cartas convértese nun testemuño único e conmovedor da guerra civil española e dos últimos días en prisión, en 1936 e 1937, do republicano galego José Mejuto Bernárdez (1905-1937), nos cárceres de Vigo, San Simón e Pontevedra.
Os orixinais desa correspondencia foron custodiados na Arxentina pola súa muller e a súa neta, e depositados dende 2015 na Real Academia Galega. Agora saen a luz por vez primeira nunha edición ao coidado de Olivia Rodríguez, que conta coa participación de Eduardo Galeano, Xesús Alonso Montero e da propia neta de José Mejuto, Ana Paula Mejuto.
Na presentación do libro en Redondela contaremos coa presenza de Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, a coordinadora da obra, Olivia Rodríguez González, o editor Henrique Alvarellos, e o concelleiro de Cultura en funcións, Julio Alonso. O acto contará coa actuación musical de 2naFronteira (Carmen Penín).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará