Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Oferta laboral en Soutomaior

RR_Noticias

O concello de Soutomaior oferta cinco prazas laborais enmarcadas dentro da contratación de persoal laboral temporal para desenvolver diferentes actividades de verán. Así, contratarán entre o 1 de xullo e o 1 de agosto tres técnicos superiores en actividades física e animación deportiva e dous monitores de tempo libre.

Para poder optar a un destes postos haberá que contar coa titulación correspondente e presentar no rexistro municipal do concello no prazo de cinco días a partir de mañá sábado día 30 a solicitude que se pode recoller nas propias dependencias municipais.
As bases da convocatoria e demais datos estarán a disposición dos interesados nas oficinas do concello e na páxina web www.soutomaior.com
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará