Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os títeres tradicionais chegan ao Multiusos da man do Centro Dramático de Évora

RR_Noticias

A compañía portuguesa escenificará o seu espectáculo “Bonecos de Santo Aleixo” ás 21:00h no Multiúsos da Xunqueira. Na xonrada do venres a programación escolar contará co espectáculo interdisciplinar que nos propón a compañía Titiriguiri teatro, unha obra para todos os públicos que se repetirá o sábado ás 17:00 horas dentro da programación de sala.

A programación do xoves do XVI Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) achéganos dende as propsotas máis tradicionais ata os espectáculos máis innovadores coa inclusión das novas tecnoloxías . Así, hoxe xoves o espectáculo que se poderá ver a´s 21:00 horas no Multiusos pretende ser unha homenaxe aos monicreques tradicionais, coa participación do Centro Dramático de Évora e os seus “Bonecos do Santo Aleixo”. A función deste grupo portugués, que ten ás súas costas máis de 40 anos de experiencia, está protagonizada polos monicreques tradicionais do Alentejo. Son títeres de vara, manipulados por enriba, á semellanza das grandes marionetas do sur de Italia e do norte de Europa.  Os “Bonecos do Santo Aleixo” representaranse hoxe no Multiusos da Xunqueira e o venres á mesma hora pero no Auditorio de Chapela. O espectáculo está recomendado para maiores de 12 anos e ten un prezo único de 5€. Mañá venres os escolares terás a oportunidade gozar cun espectáculo interdisciplinario que conxuga teatro, títeres, artes plásticas e novas tecnoloxías a cargo da compañía Titiriguiri Teatro quen presenta a obra “Hay un gallo en tu tejado”. Unha obra para público infantil pero que fará as delicias tamén dos maiores que os acompañen na representación do sa´bado ás 17:00 horas.  

Sonia Muñoz Titiriguiri teatro
Un espectáculo interdisciplinario
Para todos os públicos
Os nenos van gozar coa obra pero tamén os maiores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará