Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os candidatos analizan os resultados e adiantan posibles pactos nun escenario aberto

RR_Noticias

O PP podería gobernar en minoría no caso de que o resto dos grupos non cheguen a algún tipo de acordo postelectoral. As miradas están postas en AER que volve ser, como xa acontecera catro anos atrás, chave de goberno. O seu candidato Ricardo Figueroa insiste  “non hai nada decidido, será a nosa asemblea a que tome o acordo de deixar gobernar a lista máis votada ou apoiar a outro candidato”.  Haberá que esperar polo tanto ao sábado 13 de xuño para coñecer quen goberna en Redondela. Ese é o día no que se celebrará a sesión de investidura e os escenarios posibles son moitos logo dos resultados que nos deixou a xornada electoral de onte (PP-9, PSOE-6, AER-4, BNG-1 e Redondela Pode-1).

O PP foi o partido máis votado, pero non lograron a ansiada maioría absoluta. Incluso perderon apoios nas urnas  “algo que temos que analizar moito, porque non entendemos o motivo que levou a 600 persoas a deixar de confiar en nós e a penalizar ao meu equipo”  explica Javier Bas. O candidato do PP adianta que está disposto a negociar con todas as formacións que acadaron representación para garantir  “un goberno estable”  que permita sacar adiante os grandes temas pendentes que haberá que afrontar estes catro anos. Engade que  “de xeito informal xa falamos co PSOE pero pecharon a porta a calquera acordo de goberno con nós”. Uns socialistas que recoñecen o mal resultado de onte coa perda de dous concelleiros. Con todo, seguen a ser a forza con maior apoio na oposición polo que pretenden liderar as negociacións co resto das forzas. Explica Eduardo Reguera que “nos presentamos para gobernar e imos intentalo pero non a calquera prezo”. O obxectivo sería  “conformar un equipo de goberno progresista para Redondela”  algo que pasa necesariamente por lograr que os concelleiros de AER apoien na sesión de investidura ao candidato do PSOE. Calquera outro escenario, por exemplo que sexan os socialistas os que apoien co seu voto a investidura do representante da Agrupación de Electores co fin de desaloxar da alcaldía ao PP é  “un suposto que eu non podo decidir” explica Reguera.   E mentres dende AER aseguran que a decisión  “non está tomada, imos debatelo con calma e será a asemblea quen decida que facer, a día de hoxe o único seguro como xa explicamos en campaña é que non entraremos a formar parte dun goberno de coalición”  explica Ricardo Figueroa quen non oculta a súa satisfacción polo éxito que supón pasar de un a catro concelleiros  “entendemos que a cidadanía premiou o traballo que fixemos neste mandato”. Tamén satisfeitos están en Redondela Pode. A súa candidata, Raquel Quintáns, a máis nova de toda Galicia, entrará na corporación con 19 anos. Valora tamén a necesidade de apoiar un goberno de esquerdas “sempre e cando cumpra co noso código deontolóxico”. O BNG sufría xunto con PP e PSOE un duro castigo nas urnas ao perder un importante número de apoios respecto do 2011. Máis duro se cabe entre os nacionalistas que quedan con tan só un representante na corporación. Xoán Carlos González entende que a formación na que milita  “foi unha das grandes damnificadas pola irrupción das novas formacións que no caso de Redondela estaría exemplificada en AER e que souberon recoller o malestar da cidadanía”.  

Javier Bas PP
O PP acadou 9 concelleiros
Eduardo Reguera PSOE
Os socialistas quedan con 6 edís
Ricardo FIgueroa AER
A Agrupación de Electores acada 4 representantes
Xoán Carlos González BNG
O BNG queda cun único concelleiro
Raquel Quintáns Redondela Pode
Entran na corporación cun edil

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará