Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP revalida as súas maiorías en Soutomaior e Pazos e o PSOE faise forte en Fornelos

RR_Noticias

Soutomaior queda en mans do PP que a piques estivo de perder a maioría absoluta.
Agustín Reguera volverá ser polo tanto alcalde de Soutomaior logo duns resultados moi axustados que levaron ao PP a perder dous representantes pasando de nove a sete, mentres que o BNG incrementaba notablemente os seus apoios para contar agora con 5 edís. O PSOE queda con tan só un representantes neste municipio. Pola súa banda o popular Andrés Iglesias revalida a alcaldía en Pazos de Borbén onde irrompe Alternativa Veciñal e o PSOE consolida o seu poder en Fornelos.

Uns resultados os de onte que foron especialmente axustados para o equipo que lidera Agustín Reguera en Soutomaior. Os populares contaban con baixar en número de edís (no 2011 acadaran 9) pero tamén daban por feito que lograrían os sete concelleiros que precisaban para revalidar a maioría absoluta.  Foi así, pero cun resultado máis axustado do esperado. O forte aumento da BNG, que tivo cinco concelleiros con Manu Lourenzo fronte, puxo difícil as cousas aos populares e ata o final non se soubo se esa última acta ía parar ao bloque ou ao PP. O PSOE mantén o seu único representante
En Pazos de Borbén o PP acadou novamente 6 concelleiros o que lles permite seguir na alcaldía cunha cómoda maioría absoluta. O seu candidato Andrés Iglesias afronta o seu cuarto mandato nun municipio no que tamén irrompen novas formacións e fano con forza. Asemblea Veciñal, un grupo de electores nacidos a partir da escisión da BNG e liderado por Luciano Otero logra catro representantes. En terceiro lugar queda o PSOE cun único concelleiros mentres o BNG queda sen representación.
Finalmente en Fornelos os socialistas logran incrementar os seus apoios, o que se traduce nun número maior de edís. Pasan de cinco a seis concelleiros, mentres que o PP queda con tan só dous representantes (un menos que nas eleccións anteriores) e o BNG mantense cun edil aínda que baixando en número de votos.
O candidato socialista Emiliano Lage sae reforzado destas eleccións xa que suma un novo concelleiro e revalida una maioría absoluta incontestable neste concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará