Hoxe é Domingo 14 de Agosto de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER devolve 8.000 euros dos 19.200 que recibiron do concello neste mandato

RR_Noticias

O grupo municipal de AER procedeu a devolver 8.000€ ao concello que proveñen das asignacións que todos os grupos políticos con representación municipal reciben en base ao número de concelleiros cos que contan (300 euros por edil cada trimestre) ao que hai que engadir os 900 euros que recibe cada grupo tamén cada tres meses.

Explican dende AER que “é de xustiza que devolvamos esta cantidade que non gastamos nestes catro anos, xa que non a necesitamos ata o de agora, para a fin para o que nos foi asignada”.
Nun comunicado pregúntanse tamén si o resto dos grupos terán gastado estas asignacións e salientan o que cada unha das formacións recibiron nestes catro anos polo mesmo concepto. O PP 62.400 euros, o PSOE 52.800, o BNG 24.000 e finalmente a Agrupación de Electores 19.200 euros.” Non temos claro, ante o descoñecemento público das contas do resto dos Grupos Políticos Municipais con representación onde gastaron, en especial os máis representados, estes cartos ingresados durante estes mesmos catro anos”.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará