Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival Internacional de Títeres ofrece un día máis de espectáculos na rúa e nas salas

RR_Noticias

O obxectivo da Asociación Xente Titiriteira, organizadora do festival, é que o certame siga medrando e innovando, por iso este ano ofrecen un día máis de espectáculos. A programación de rúa arranca xa o venres pola tarde no paseo da Xunqueira e a praza Reveriano Soutullo. Tamén o venres haberá espectáculos en Redondela no Multiusos e o Centro Recreativo Cultural, e no Auditorio do Piñeiral de Chapela.

O responsable da Asociación Xente Titiriteira, Luís Crespo, explicaba que é o seu xeito de facer que o festival “siga medrando”. O día 29 O festival arrincará cos cataláns de Katakrak con Enginys Elo-Poetiks e a Fanfarria Taquikardia, que actuarán no paseo da Xunqueira. Monicreques Cascanueces farao na praza Reveriano Soutullo cun diaño na maleta. Pero tamén haberá programación de sala. Os brasileiros de Pigmaliâo Escultura que Mexe representarán 5 pases de 15 minutos para un máximo de 80 espectadores no Multiusos da Xunqueira da súa obra O Quadro de uma familia, mentres que o Centro Dramático de Évora escenificarán Bonecos do Santo Aleixo no Auditorio Piñeiral do Crego. Desde o 26 ao 31 de maio participarán 24 compañías procedentes de Brasil, Perú, Portugal, Francia, Cataluña, Madrid e Galicia. O concelleiro Julio Alonso, destaca que se trata de “todo un referente cultural”, cunha ampla oferta de calidade para nenos e adultos. A XVI edición do Festival Internacional de Títeres Memorial Juanjo Amoedo é un homenaxe tamén a este veciño redondelán, promotor, como explicaba o alcalde Javier Bas, desta festa dos monicreques “na que se implica toda a sociedade redondelá”, colaborando na súa organización . A edición deste ano trae a Redondela 24 compañías da máis variadas procedencias que escenificarán máis de 70 espectáculos nos seis días de duración do Festival e que se reparten nos tradicionais eixos da programación: escolares, programación de sala e de rúa.  

Julio Alonso edil de cultura
O concelleiro salienta a gran variedade e calidade dos espectáculos.
Luis Crespo Xente Titiriteira
A organización traballa para que o festivel siga a medrar e innovar cada ano.
Javier Bas alcalde
O rexedor destaca a figura de Juanjo Amoedo como artífice dun festival no que participa toda a sociedade redondelá.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará