Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco fai realidade o soño

RR_Noticias

A vitoria sobre o Deportivo B en Santa Mariña coloca matematicamente ao equipo redondelán na fase de ascenso a Segunda División B. E fíxoo nun día de festa, con ambiente de gala no estadio local ante máis de 1.400 persoas que festexaron a xesta histórica do equipo de Jacobo Montes.

Terceira División
Choco 2-1 Deportivo B
O conxunto volveu facer historia, logo de acadar o ascenso a Terceira hai dúas temporadas. O Choco é un dos equipos con menos orzamento da categoría, e dos que máis cambios experimentou no seu cadro de xogadores desde a pasada temporada. O ano pasado, recén ascendido á categoría, xa demostrou que chegaba ao campionato para quedar. Pero esta temporada deu un gran paso adiante, ao situarse entre os catro mellores da categoría. E aínda lle sobrou un partido. Ao encontro de onte co Deportivo B ambos os equipos acudían con baixas, pero o bo facer dos rivais non defraudou. Desde o primeiro minuto víase que o Fabril non estaba en Redondela para deixar ir o partido, e de feito saíron a por os tres puntos. O Choco, paciente, esperou as súas oportunidades e terminou levando unha xusta vitoria. Cortegoso salvou ao seu equipo aos cinco minutos do encontro, tras un saque de esquina que a punto estivo de rematar Hugo. O Choco estaba a sufrir pero seguía firme no terreo de xogo. Os de Jacobo Montes adiantáronse cun gol de Comis, que culminou unha boa xogada individual batendo de tiro cruzado a Veloso, o que foi recibido nas gradas con xúbilo. Antes o árbitro anulaba un gol aos coruñeses por fóra de xogo. Ao descanso chegouse coa vitoria local pola mínima, e logo do paso polo túnel de vestiarios, o Choco aumentaba distancias cun tanto de Silva, que aproveitou un rexeite para establecer o dous a cero. Pero terían que sufrir ata o final. O Depor B achegouse ao marcador cun gol de Hugo que non deixou indiferente a unha bancada que se envorcou co seu equipo. O marcador non se movería e ao final a festa en Santa Mariña sería total. O nome do C.D. Choco e dos seus integrantes entrou xa na historia do fútbol nacional, pois estarán no sorteo de Madrid do 18 de Maio. Se a folga convocada pola Federación Española de Fútbol o permite.
CD Choco: Cortegoso, Iago Vázquez (Pablo Piñeiro 58´), Cristian, Lucas, Carminati, Fernando, Gonza (Róber 64´), Xosé Ramón, Félix, Comis e Silva (Muíños 83´).
Deportivo B: Veloso, Toni, Jorge, Róber, Sam Piette, Hugo, Cardoso, Juan, Alex Pérez (Kim 74´), Cañi e Anxo (Dani Igrexas 74´).
Goles: 1-0 Comis 33´, 2-0 Silva 51´e 2-1 Hugo 66´.
Árbitro: Víctor García Villaverde auxiliado por Ricardo Landrove e Martín Zacadian, do colexio de Ferrol. Mostrou cartolinas amarelas a Comis do Choco, e a Sam Piette, Hugo, Cardoso e Juan por parte do Fabril.
Incidencias: Partido disputado no Campo de Santa Mariña, ante unhas 1.400 persoas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará