Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela imponse na categoría feminina da XXX Bandeira Concello de Moaña

RR_Noticias

As atletas do Club Remo Chapela proclamáronse campioas con amplitude e solvencia na regata disputada onte fronte aos peiraos do Con, proba incluída na Liga Territorial Sur de Traineiriñas. Na categoría masculina os campións foron os remeiros da S.D. Tirán, organizador e anfitrión.

O mar estaba en calma absoluta e o ambiente era case estival, con sol e magnífica temperatura, o que propiciou unha gran afluencia de público para presenciar a regata. Na categoría feminina a embarcación redondelá superou claramente a Mecos que tentou seguir o seu ronsel, e Samertolaméu, algo máis atrás, aínda que as de Chapele non deron opcións ás súas adversarias. Na xornada anterior, na II Bandeira Vitaldent disputada no Grove,as de Chapela acadon a prata, por detrás de Cabo de Cruz. Na categoría xuvenil masculino houbo certa sorpresa. Gañou Robaleira impóndose con rotundidade a Tirán e Mecos que lle seguiron na meta. Esperábase que a tripulación de Mecos, despois da súa vitoria irresistible do sábado no Grove, volvese exhibirse, pero onte en Tirán non foron nin de lonxe, os intratables remeiros da tarde anterior. Gañou Robaleira con coraxe e ambición, seguíndolle Tirán e terceiro Mecos. Na categoría absoluto masculino nova vitoria de Tirán, o mesmo que o sábado, cun gran despregamento da súa técnica e fortaleza. A tripulación do Club Remo Moaña seguiulle na xeral con ardor e potencia, pero a vitoria leváronlla os seus veciños da S.D. Tirán con catro segundos menos.
Na próxima fin de semana remarán o sábado a Regata Liguilla de Traineriñas, en Coruxo, e o domingo a II Bandeira Concello de Bueu.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará