Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros para nenos en Chapela

RR_Noticias

A biblioteca de Chapela en colaboración co Instituto da parroquia organiza nas vindeiras semanas diferentes actividades orientadas a nenos e nenas de idades comprendidas entre o 3 e 6 anos. Desenvolveranse os martes e venres pola tarde e para participar cómpre inscribirse previamente no teléfono 986 45 42 26, no correo electrónico bibliotecachapela@redondela.es ou na propia biblioteca en horario de tarde de 16:30 a 21:00 horas.

A estreita colaboración da axencia de lectura de Chapela co alumando de Educación Infantil do Instituto da parroquia permite a organización de actividades orientadas aos pequenos e nas que poden participar todos aqueles rapaces de idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos que se inscriban previamente. A primeira das actividades leva por nome “Trouleando  con contos” e consiste en tres sesións independentes que se impartirán os martes 12, 19 e 26 de maio en horario de 18:30 a 20:30 horas. Contos e actividades variadas que farna as delicias dos máis pequenos segundo nos explicaba a responsable da biblioteca Mª José Villar. Os venres 15 e 22 de maio a proposta “A Cidade Monstruosa” servirá para aprenderlle aos participantes seguridade vial e urbanidade dun xeito lúdico e divertido. Os interesados deben inscribirse no teléfono 986 45 42 26, no correo electrónico bibliotecachapela@redondela.es ou na propia biblioteca en horario de tarde de 16:30 a 21:00 horas.  

Mª José Villar biblioteca de Chapela
Trouleando con contos
A cidade monstruosa
Un obradoiro os venres

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará