Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Autoridade Portuaria desafecta máis de 20.000 metros cadrados do litoral redondelán

RR_Noticias

O Boletín Oficial do Estado publicou a orde de Fomento pola que se aproba a delimitación de usos e espazos portuarios do porto de Vigo, un documento que se agardaba desde hai décadas. Isto permitirá retomar proxectos en zona portuaria que foran paralizados. Pero o máis importante é que a Autoridade Portuaria renuncia a un total de 153.700 metros cadrados de litoral na Ría de Vigo, dos que 20.250 pertencen a Redondela. Os terreos pasarán a Dirección de Costas ou a patrimonio do Porto.

En canto á liña portuaria, redúcese dos 25 quilómetros actuais a tan só 17,7, e a maioría pérdeos na Enseada de San Simón, entre Vilaboa e Redondela, e tamén en Moaña. Segundo explicou o presidente do Porto, Ignacio López-Chaves, este instrumento de ordenación fixa os usos da zona portuaria en cada área. A delimitación de usos e espazos portuarios supón, segundo o presidente, unha distribución “máis racional” dos espazos portuarios, e fixa 11 áreas funcionais, das que sete están en Vigo, e o resto nos municipios de Redondela, Moaña, Cangas e Vilaboa. Ademais de establecer que zonas son de uso comercial portuario, pesqueiro, complementario, náutico-deportivo ou de interacción porto-cidade, o documento tamén fixa novos límites da zona de dominio público portuario, que se reduce. Así se desafectan os máis de 153.000 metros cadrados de superficie e sete quilómetros de liña de costa. Trátase de áreas que agora pasan a ser zona de dominio público marítimo terrestre ou bens patrimoniais do Porto, e que poden ser cedidos, por exemplo, aos Concellos. En Redondela se desafectan aproximadamente 5.000 metros cadrados na zona Chapela, 2.500 metros en Rande e 12.750 metros na enseada de San Simón, que deixa de estar en zona portuaria. En Cangas, deixan de ser de competencia do Porto de Vigo máis de 35.500 metros na zona de Salgueirón. En Vilaboa a desafectación afectará a 1.300 metros cadrados na Enseada, mentres que en Moaña será de 43.000 metros cadrados, toda a costa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará