Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP gastou 750.000 euros en renovar os parques infantís

RR_Noticias

Unha cantidade que o concelleiro nacionalista Xoan Carlos González entende inxustificada e que “obedece unicamente a intereses electoralistas”. Aseguran dende o Bloque que non existe ningún informe dos técnicos municipais no que se recolla a necesidade destas actuacións e que o “único que existe son escritos da concelleira nos que valora persoalmente que se deben cambiar”. Os maiores investimentos realizáronse nos parques da Alameda de Redondela e Chapela con investimentos de 195.000 e 120.000 euros. No parque da Xunqueira investíronse ademais 85.000 euros.

O investimento de máis de 750.000 euros na renovación de parques infantís “carece de xustificación” para o concelleiro nacionalista Xoán Carlos González quen critica que “a renovación total das áreas de xogos infantís se teña convertido nun dos capítulos de inversión máis importantes deste goberno municipal o que non ten lóxica ningunha”. Considera que non existe ningún tipo de xustificación para se dilapidaran fondos públicos desta maneira xa que “non existe ningún informe dos técnicos municipais no que se recolla a necesidade deste cambio. O único que existe son os escritos da concelleira, que valora persoalmente que se deben cambiar, e así se fai”.
Para o concelleiro do BNG con este proceder o PP está a xogar “cos fondos públicos, sen respostar realmente ás verdadeiras demandas e necesidades dos veciños e veciñas de Redondela. Nin comedores escolares, nin axudas a emerxencia social, nin emprego de calidade, nin infraestruturas prioritarias”, afirma. Unha actuación do goberno que “unicamente obedece a intereses particulares e partidistas”.
Exemplifica esta situación de “gasto sen miramentos” na recente remodelación do parque infantil da Alameda, un parque con apenas seis anos no que se investiron 195.000 euros “no canto de crear zonas de esparcemento noutras partes de Redondela, como no caso de Os Eidos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará