Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior pide un debate público co candidato do PP Agustín Reguera

RR_Noticias

O candidato do BNG-Asembleas Abertas Manu Lourenzo solicitou por rexistro no concello un debate público a Agustín Reguera, unha vez coñecido que se presentará á alcaldía. Ao seu enteder “é un dereito da cidadanía coñecer as propostas que cada un dos grupos que aspiran a gobernar o concello; e para isto nada mellor que presentarllas en 1ª persoa, nun debate público”.

Engade Lourenzo que en todos os concellos da contorna estanse a celebrar debates entre as candidatas e candidatos das diferentes organizacións políticas “un exercicio de democracia e transparencia que permitirá as veciñas e veciños coñecer os diferentes programas e proxectos para o noso concello”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará