Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Seccións dedicadas ás curtas en galego e proxección de “Angel” no Redondela en Curto

RR_Noticias

Dende hoxe venres e ata o domingo continúan os pases dentro da sección oficial da XI edición do Redondela en curto con proxeccións no multiusos as seis, oito e dez da noite, agás o sábado xornada na que as dez está prevista o visionado da primeira produción audiovisual propia de “Redondela en Curto”, a longametraxe documental “Ángel”.

Realizada polo director do festival Cuchi Carreira, cóntasenos a vida do restaurador redondelán Ángel Barros, quen durante moitos anos tivo o privilexio de traballar no museo do Louvre. Despois dunha infancia marcada polo franquismo, Ángel Barros percorreu medio mundo en busca da súa paixón; a pintura e a restauración. París foi a cidade na que viu o seu soño cumprido.
Este ano o festival ofrece ademais 2 seccións en diferentes bares de Redondela. A sección “Curtísimas” é unha selección dos traballos máis breves de duración que seinscribiron na presente edición do certame, e a sección “Cine Galego” que é unha selección de curtas galegas tamén presentadas este ano. Con esta iniciativa, “Redondela en Curto” pretende fomentar a cultura na Vila e dar a coñecer e impulsar o audiovisual actual na comunidade galega. Poderanse ver en Cafetería Royalty e Pizzeria Bos Aires o venres, sábado e domingo ás sete e nove da noite.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará