Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detida unha veciña de Soutomaior por ofrecer postos de traballo a cambio de diñeiro

RR_Noticias

A muller, de 58 anos de idade e veciña de Soutomaior está acusada de estafar alo menos 25.000 euros a cinco persoas de Arcade, Soutomaior e Pontesampaio. A detida, que conta con antecedentes penais por estafa, solicitaba cantidades que oscilan entre os 3.000 e os 6.000 euros e comprometíase a conseguir a cambio un posto de traballo. Pasou a disposición do xulgado de Instrucción número 1 de Redondela e non se desbota que haxa outras vítimas.

As investigacións iniciáronse a principios de ano despois de que unha veciña de Soutomaior denunciase ter sido vítima desta estafa, asegurando que logo de entregarlle tres mil euros a esta muller nunca volveu ter noticias dela. Mentres os investigadores comprobaron a denuncia descubriron que había máis persoas que podían atoparse na mesma situación. Outra das vítimas é natural de Pontesampaio, neste caso a estafadora tería contactado con ela para ofrecerlle un traballo para a súa filla e polo que a cambio solicitou 5.000 euros apra os gastos de xestión.
Logo dunha complexa investigación levada a cabo por axentes da comisaría de Vigo e Redondela, logrouse identificar á suposta autora destas estafas sendo detida na maña do pasado domingo e trasladada a dependencias policiais. Comprobouse que a detida tiña cinco antecedentes policiais, varios deles por enganos semellantes aos agora denunciados.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará