Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os usuarios das bibliotecas poden acceder a 1700 títulos a través do préstamo de libro electrónico

RR_Noticias

A plataforma GaliciaLe presentouse na tarde de onte en Redondela. Con este novo servizo en liña para o préstamo de libro electrónico, accesible as 24 horas do día de calquera día do ano, ofrécese un catálogo amplo composto por libros e audiolibros en galego e en castelán, álbums ilustrados, que se poden ler en dispositivos compatibles como tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electrónicos.

Na presentación que tivo lugar onte o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo explicou que “esta ferramenta supón un novo camiño na accesibilidade da cidadanía aos recursos culturais, en concreto ao libro dixital, de forma universal e gratuíta”. A plataforma GaliciaLe constitúe unha nova porta de acceso a eses contidos culturais e informativos. A través dela, “ábrense as fiestras para o acceso igualitario dos usuarios e das usuarias das bibliotecas a máis de 1.700 títulos neste momento”, explicou Anxo Lorenzo, que estivo acompañado na presentación polo alcalde, Javier Bas, e mais polo concelleiro de Cultura e Turismo do municipio, Julio Alonso, no marco da celebración da Semana do Libro de Redondela que organiza Normalización Lingüística e as Biblitoecas Municipais. Para facer uso deste novo servizo soamente é necesario ter o carné de lector ou lectora dalgunha das bibliotecas públicas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, conexión a internet e rexistrarse na plataforma virtual para obter as claves de acceso. O usuario ou usuaria poderá tomar en préstamo ata un máximo de catro libros (dous en galego e dous en castelán) durante un prazo máximo de 21 días. Se a obra ou obras que se buscan están prestadas, poderanse solicitar en reserva. Unha vez realizado o préstamo, o usuario poderá optar pola lectura en liña ou descargar o libro electrónico en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e/ou lectores electrónicos.  

Eva García Rei Normalización Lingüística
Fálanos da plataforma GaliciaLe

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará