Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reguera compromete un goberno “máis participativo, en diálogo permanente cos cidadáns”

RR_Noticias

Acompañado do secretario xeral do PSdeG­PSOE Xosé Ramón Gómez Besteiro o candidato socialista á alcaldía de Redondela, Eduardo Reguera estivo arroupado por máis de 250 persoas na presentación da súa candidatura o pasado sábado no Convento de Vilavella. Unha candidatura “completamente renovada e cunha importante presenza de membros procedentes das Xuventudes Socialistas”.

Reguera destacou precisamente a xuventude da lista que presenta aos vindeiros comicios de maio na que “a idade media das 21 persoas redúcese ós 36 anos e ata nove integrantes da lista teñen trinta anos ou menos”. 
O candidato socialista esbozou no seu discurso a liñas do proxecto socialista para o municipio e que pasan por “conseguir para Redondela un goberno que responda ás xustas demandas sociais, que estea atento das necesidades reais das persoas, que teña a axilidade e creatividade suficiente para iniciar un futuro de cambio para unha mellor calidade de vida dos veciños e veciñas”.
O actual concelleiro engadiu que vivimos “nun tempo novo no que é preciso un goberno novo, aberto, participativo e en diálogo permanente cos cidadáns. A democracia participativa ten que ser un complemento da democracia representativa, e queremos conseguilo pondo en marcha medidas que amplíen as posibilidades de participación veciñal e convertan a transparencia no noso sinal de identidade”.
Engadiu que para lograr este obxectivo reúnen na súa lista electoral a “homes e mulleres con moitísima ilusión. Persoas que conforman unha lista que mestura experiencia e xuventude, formación e compromiso, traballo e loita, paixón e enerxía. Unha lista que traballará con determinación pola xustiza social e a defensa da igualdade”.
Os tres primeiros postos son Eduardo Reguera, Digna Rivas e Leonardo Cabaleiro, os cinco seguintes lugares son para a tamén edil Leticia González Guisande (32 anos), Mauro Álvarez Castro (24 anos), Ana Isabel Rey Gómez (25 anos), Isaac Araújo Figueroa (24 anos) e Ana Alonso Pazos (30 anos). Os cinco con titulación universitaria en distintos ámbitos e tamén cunha participación activa en entidades deportivas e sociais do ámbito local.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará