Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

RedondelaFS vence con comodidade

RR_Noticias

O Redondela FS vencía cun contundente 9-3 ao seu rival o Pandiña. Peor sorte correron os outros dous equipos de fútbol sala que militan na mesma categoría. Na autonómica sur o Campito caída na súa visita ao campo do líder por 8-1 mentres que na autonómica norte o Arealonga non correu mellor sorte, saíu derrotado do campo do Hotel Roma por 7-3.

Logo da vitoria desta fin de semana o Redondela mantense no cuarto posto da categoría, posición que tentará defender na vindeira fin de semana na súa visita ao campo do Cereixa. Pola súa banda o Campito tentará lograr a vitoria no partido que o próximo sábado vai disputar en Chapela, campo no que recibirá ao decimo terceiro do grupo, o Baiña.
Na autonómica norte o Arealonga é decimo primeiro logo da derrota ante o Hotel Roma e recibe na próxima semana ao Bóveda-Magna, quinto do grupo
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará