Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rutas de sendeirismo por Redondela

RR_Noticias

A actividade, desenvolvida por Faia Educación Ambiental e organizada polas concellerías de Medio Ambiente e Cultura, realizarase nos meses de abril a xuño, cunha saída mensual na que se percorrerán diferentes puntos do concello con especial interese medio ambiental, paisaxístico e cultural. A primeira das rutas desenvolverase este domingo 19 de abril e partirá dende a Capela de Santiaguiño de Antas as dez da mañá para percorrer as parroquias de Vilar de Infesta, Cabeiro, Negros e Saxamonde. Para participar cómpre inscribirse a través do correo electrónico info@faia.gl ou do teléfono 686 99 87 06, até un día antes de cada ruta.

O obxectivo fundamental desta proposta é o coñecemento da diversidade do territorio a partir do patrimonio natural e cultural. As rutas inclúen paradas curtas coas que se pretende informar sobre os ámbitos que cada zona nos ofrece, e inclúen o tratamento dos ecosistemas mareiros e boscosos, o coñecemento das especies vexetais que os conforman, o solo e a litoloxía ou o clima, no ámbito natural. A parte social, cultural, histórica e económica será referida a través dos patrimonios inmaterial e material, onde salientarán a toponimia, o léxico singular, a arquitectura ou as pegadas culturais milenarias, coma o miliario da Vía XIX Bracara Asturicam.
Das tres rutas elixidas neste primeiro programa de divulgación ambiental e cultural, unha atópase sinalizada, a Ruta das Pedras, e as outras dúas proceden dun traballo de empate de camiños, pistas, sendas e carreiros, co obxectivo de percorrer diferentes parroquias e puntos de interese que se desenvolvan en percorridos circulares.
O programa inclúe este domingo día 19 un percorrido dende a Capela de Santiaguiño de Antas que percorrerá as parroquias de Vilar de Infesta, Cabeiro, Negros e Saxamonde. Unha ruta de sete quilómetros de lonxitude e dificultade baixa que percorre tramos da Senda da Auga, outros do Camiño Portugués , carreiros e pistas con interese interese histórico e botánico.
As outras rutas serán o sábado 23 de maio con saída dende a Punta de Cesantes e o domingo 14 de xuño a realizarase a ruta das pedras por Ventosela.
Todas as rutas comezarán ás 10.00 h e están recomendadas para maiores de 10 anos. Recoméndase estar no punto de partida quince minutos antes, con roupa e calzado cómodo e axeitado. A hora aproximada de remate será ás 13.30 h.
Para participar cómpre inscribirse a través do correo electrónico info@faia.gl ou do teléfono 686 99 87 06, até un día antes de cada ruta. O límite de persoas para cada grupo é de 50 persoas. A inscrición é de balde.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará