Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Confraría promove o choco de Redondela no salón de Gourmets que se celebra en Madrid

RR_Noticias

A Confraría de Redondela está presente durante toda a semana na XXIX edición do Salón de Gourmets de Madrid. A súa presenza nesta feira internacional de alimentación e bebidas de calidade serve para dar a coñecer e comercializar o choco da enseada, un produto que cada vez é máis demandado sobre todo en comunidades como Cataluña ou Pais Vasco e que presenta agora o aval de contar co selo de denominación de orixe que garante a súa procedencia e calidade.

Durante a mostra ademais de repartir información entre os profesionais que asisten ao salón, organizan catas e degustacións que permiten aos asistentes saborear o choco da enseada, un produto de máxima calidade tal e como así o acredita o seu distintivo de denominación de orixe que o identifica como procedente da enseada. Gourmets é unha feira profesional, que constitúa unha das referencias no sector da gastronomía de calidade en España e Europa. Conta con 20.000 metros cadrados de exposición nos que se dan cita 30.000 produtos e uns 1.200 expositores nacionais e internacionais e por onde pasan 80.000 visitantes profesionais. Un escaparate de excepción que permite a confraría de Redondela dar a coñecer o seu produto estrela. Esta feira naceu en 1987 coa vocación de ser escenario de productos de alimentación y bebidas delicatessen.  

Clemente Bastos patrón maior
Unha feira na que se da a coñecer o choco de Redondela
Maior demanda
Cataluña e Pais Vasco son as comunidades nas que máis se aprecia o choco

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará