Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rita Otero xa ten a súa rúa

RR_Noticias

Os fillos da homenaxeada, a través do seu representante Pedro Regojo, agradecen os recoñecementos que a muller do industrial José Regojo recibiu durante os últimos meses logo de ser nomeada persoeira do ano 2014. O colofón a este programa de actividades tiña lugar o pasado venres nun acto institucional consistente na descuberta dunha placa na rúa Ríta Otero, fronte ao pazo de Petán, propiedade da súa familia.  

Pedro Regojo foi o encargado de pronunciar o emotivo discurso no que lembrou o carácter caritativo da súa nai e agradeceu o feito excepcional de que a súa familia teña dúas rúas no centro da vila: a que dende anos leva o nome de José Regojo e a recén nomeada Rita Otero. Da súa nai destacou que “non foi unha boa muller, se non unha muller boa” cun carácter de entrega aos demais que a levaba a visitar e axudar a todos independentemente da súa ideoloxía, procedencia ou sexo. O alcalde Javier Bas, lembrou que co nomeamento desa rúa “dase cumprimento a un acordo plenario que quere recoñecer a figura de Rita Otero”.  

Pedro Regojo fillo da homenaxeada
Salienta as virtudes da súa nai
Dúas rúas a unha mesma familia
Agradece aos redondeláns os seus recoñecementos
Javier Bas alcalde
Dar cumprimento a un acordo plenario

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará