Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Julio Mougán atribúe a “compromisos laborais” o seu cese como presidente do F.S. Redondela

RR_Noticias

Un contrato cunha editorial catalá para a que Mougán está a escribir tres libros sobre fútbol sala é “o principal motivo” do seu cese como presidente do club. Pero non agocha que existen “outros proxectos”, e son moitas as voces que o sitúan como membro dunha candidatura para as próximas eleccións municipais de maio. O técnico non o confirma, pero tampouco o desmente.

O ata gora Presidente do Club Redondela Fútbol Sala, cesa no seu mandato por incompatibilidade laboral con novos proxectos adquiridos nas últimas datas. Mougán está inmerso na elaboración de tres libros e tres DVD para unha editorial de Cataluña. Neste traballo achega “un enfoque totalmente diferente deste deporte” que pretende ser un “manual básico” para a iniciación no fútbol sala, exercicios e tácticas. Mougán sinala que este compromiso impídelle dedicar ao club todo o tempo necesario na súa labor de presidente, e afirma que a súa renuncia é un exercicio de “responsabilidade e honestidade”. Unha decisión que, segundo apuntan algunhas voces, responde tamén ao seu salto á política municipal como membro dunha candidatura nas próximas eleccións de maio. Mougán recoñece que no seu cargo de presidente do Redondela F.S. mantivo reunións co goberno local, ao que asesorou nalgúns proxectos. E advirte que nunca tivo interese pola política “de momento”. Unhas declaracións que deixan no aire a súa posible participación nos próximos comicios. En canto á súa faceta como adestrador, Mougán seguirá como técnico do equipo sénior da liga galega e manterá a súa labor de educador nos dous equipos Benxamín que adestra actualmente, cando menos ata o final da temporada. Folga no Fútbol Sala En canto ao desenvolvemento da liga, esta fin de semana non se disputarán os partidos previstos no calendario. A Federación Galega de Fútbol Sala convocou unha folga para os días 11 e 12 de abril pola ameaza fiscal aos clubs deportivos. A partir de agora, as entidades deberán dar de alta na Seguridade Social aos seus adestradores e monitores, polo que o gasto por ano sería moito maior do que xa teñen. A cuestión é que os inspectores da Seguridade Social empezarán a revisar a situación laboral dos traballadores dos clubs, polo que adestradores, masaxistas, fisioterapeutas e demais empregados deberán estar dados de alta. Denuncian que esta situación pon en perigo a supervivencia dos clubs, porque os somete a un gasto económico aínda maior do que xa teñen.

Julio Mougán adestrador do Redondela F.S.
Afirma que os motivos laborais son o motivo do seu cese pero non desmente a súa posible participación nas listas electorais de maio.
Folga no Fútbol Sala
Esta fin de semana está convoada unha xornada de folga pola federación para protesar polas inspeccións fiscais e laborais aos clubs.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará