Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O equipo Seguros Blanco faise coa XXXIII Maratón de Semana Santa de fútbol sala

RR_Noticias

Redondela FS e Campito FS sumaron esforzos para recuperar este ano un dos torneos con máis tradición do fútbol sala da bisbarra. Un total de dezaseis equipos, dende a noite do Xoves Santo ata o sábado pola noite, disputaron a maratón, na que se impuxo Seguros Blanco.

Logo de ter que suspender a súa celebración o pasado ano, os dous clubs redondeláns conseguiron nesta ocasión sacala adiante, no medio dun ambiente. Tanto o público nas bancadas, como o bo nivel de xogo e a deportividade de todos os xogadores, fixeron posible que esta edición rematara como unha das mellores dos últimos anos. Os organizadores confían agora en que non só se manteña esta cota de equipos, senón que para seguintes edicións aumenten e poidan chegar a un número importante de equipos. O premio á Deportividade desta edición foi para “Los Rompetarimas”, o de Equipo Menos Goleado “Seguros Blanco”, o Máximo Goleador foi Piky, do equipo “Diverchan”, o premio para Mellor Xogador recaeu en Borja Rúa, de “Seguros Blanco”, os equipos semifinalistas foron “Los Rompetarimas” e “Cantería Carna”, e o subcampión “Casa Conchita”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará