Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela faise coa VI Bandeira Concello de Bueu de Bateis en categoría feminina

RR_Noticias

Na categoría masculina foi o club Robaleira da Guarda o que se fixo co título na proba que se disputou onte domingo fronte aos peiraos do porto, organizada polo Club do Mar da vila. O club de Remo de Cesantes tamén subiu ao podio logo de acadar a terceira posición na categoría Infantil Masculina.

No cómputo xeral para a bandeira masculina houbo empate entre Robaleira e Samertolaméu, ambos con 16 puntos, polo que houbo que recorrer ás vitorias nas distintas mangas, e aí os da Guarda tiveron vantaxe xa que as súas dúas vitorias en cadetes e xuvenís puideron coa única de Samertolaméu en infantís. A bandeira feminina foi directamente para Chapela, con 16 puntos, seguida de Vilaxoán, con 15, e Samertolaméu, 12. Nas regatas houbo moitos clubs protagonistas, como Robaleira, con tres vitorias; e Samertolaméu, con dúas. Deixando unha vitoria para Moaña e outra para Vilaxoán. O club de Remo Chapela subiu ao podio en catro ocasións, cunha prata na categoría Promesa Feminina e tres bronces: Xuvenil e Absoluto Feminino e e Cadete Masculino. Tamén subiu ao podio o club de Remo Cesantes, que se fixo coa terceira praza na categoría Infantil Masculina. Logo de que o sábado tivera que suspenderse a Bandeira Lavanova no Grove, polos fortes refachos de vento, a de onte foi a última proba antes dos campionatos autonómico e estatal, que se disputarán ao longo deste mes de abril en Vilaxoán e Meira.
Resultados: Promesa feminino: 1. Vilaxoán, 4.40:78; 2. Chapela, 4.41:81; 3. Mecos, 4.52:47; 4. Samertolaméu, 4.56:15; 5. Tirán, 4.59:88. Xuvenil feminino: 1. Robaleira, 9.44:94; 2. Vila Cangas, 9.48:00; 3. Chapela, 9.55:91; 4. Tirán, 10.32:94; 5. Vilaxoán, 10.48:62. Absoluto feminino: 1. Samertolaméu, 9.18:22; 2. Mecos, 9.25:59; 3. Chapela, 9.26:37; 4. Vilaxoán, 9.32:07; 5. Tirán, 9.47:14. Infantil masculino: 1. Samertolaméu, 4.32:72; 2. Vila Cangas, 4.33:28; 3. Cesantes, 4.34:02; 4. Chapela, 4.34:59; 5. Mecos, 4.34:94. Cadetes: 1. Robaleira, 6.35:41; 2. Samertolaméu, 6.36:50; 3. Chapela, 6.42:72; 4. Vixe Guía, 6.50:50; 5. Vilaxoán, 6.53:39. Xuvenís: 1. Robaleira, 8.32:03; 2. Mecos, 8.34:47; 3. Tirán, 8.45:03; 4. Virxe Guía, 9.10:97; 5. Mecos-B, 9.13:28. Absolutos masculino: 1. Moaña, 8.16:91; 2. Tirán, 8.21:66; 3. Amegrove, 8.24:75; 4. Meira, 8.28:41; 5. Mecos, 8.28:53.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará