Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno solicitará que se paralicen as ampliacións de pantaláns nas inmediacións de Arealonga

RR_Noticias

A corporación municipal trasladará á Autoridade Portuaria, organismo competente na materia, a solicitude de paralización de ampliación de pantaláns nas inmediacións da praia de Aralonga pola súa repercusión medioambiental. A moción presentada polos nacionalistas contou co apoio de PSOE e AER, non así do PP, cuxos concelleiros votaron en contra alegando que “non podemos pronunciarnos mentres non contemos con estudos de impacto ambiental que avalen ou rexeiten a actuación”.

A moción foi defendida polo concelleiro do BNG Xoán Carlos González quen explicou que a día de hoxe hai dúas petición presentadas polo Círculo Cultural Recreativo de Chapela e a asociación Albatros de Teis para ampliar as súas instalacións de amarre de embarcacións. A petición da asociación de Teis suporía un aumentos do pantalán que pasaría dos 6.000 a 8.200 metros cadrados. O Círculo de Chapela pola súa banda solicita ampliar dos 9.000 metros2 cos que cantan actualmente a 11.700. Unhas actuacións que ao entender dos nacionalistas “suporían un novo prexuízo a unha beiramar xa moi castigada e na que calquera modificación vai incidir de xeito negativo principalmente no areal de Chapela”. Por tratarse dunha actuación no litoral, é a Autoridade Portuaria quen ten a competencia para conceder ou rexeitar este solicitude. Por este motivo, dende o BNG solicitaron ao resto dos grupos políticos o seu apoio para demandar dende a pleno que esta organismo se pronuncie en contra da ampliación. Tanto o representante de AER como a bancada socialista manifestaron o seu apoio a proposta. Eduardo Reguera explicaba que ademais dos prexuizos no litoral “cunha ampliación de ocupación de 5.000 metros cadrados” a actuación terá tamén importantes prexuízos en terra, cun incremento notable da circulación e da necesidade de prazas de aparcamento “xa moi escasas neses lugar”. Non teñen claro no PP os efectos negativos que este incremento no número de embarcacións e amarres poida provocar no litoral. Así o explicaba o edil de medio ambiente Miguel Angel Álvarez Ballesteros quen defendía o voto en contra do seu grupo “porque sen informes mediambientais non podemos posicionarnos nin a favor nin en contra da ampliación”. Unha alegación en contra da ampliación dos pantaláns que se ven sumar ás xa presentadas pola Asociación de Veciños de Chapela o Club de Remo da parroquia e a Asociación A Ría non se vende. A moción do BNG insta tamén ao alcalde, como membro do concello da Autoridade Portuaria, a que desenvolva as xestións pertinentes neste órgano para paralizar as propostas tanto do Círculo de Chapela como da Asociación Albatros.  

Xoan Carlos González BNG
Explica os proxectos de ampliación e o motivo de estar en contra
Eduardo Reguera PSOE
Os socialistas compartes as preocupación polos efectos no mar e tamén en terra
MIguel Angel Alvarez ballesteros PP
Deberá ser o estudo de impacto ambiemtal o que valore se esa ampliación ten ou non repercusións ao entender do PP

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará