Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A abstención de AER permite ao PP modificar os investimentos do Marisma Máis

RR_Noticias

Unha achega económica de 400.000 euros dos fondos Feder que estaba previsto investir en obras que non se van realizar como o Centro de Día de Trasmañó, o embarcadoiro de Chapela e a recuperación do entorno da Torre de Rande finalmente non se perderá logo de que o pleno aprobase unha reestruturación do proxecto Marisma Máis. A proposta do goberno local que saíu adiante cos votos en contra de PSOE e BNG e a abstención de AER pasa por solicitar que eses cartos se poidan investir noutras actuacións xa en marcha como o pavillón de A Marisma.

A edil de facenda, Ana Alonso defendía a reestruturación do proxecto como único xeito de non perder os 400.000 euros procedentes dos fondos Feder. BNG e PSOE amosaron a súa negativa a trasladar esas partidas e tacharon ao PP de “irresponsables” por non acometer as obras previstas e solicitar un cambio no proxecto “investindo aínda máis cartos nunha mega infraestrutura deportiva como é o pavillón no que xa se levan metidos máis de dous millos de euros” en palabras da nacionalista Cecilia Pérez Orge. Mesmos argumentos os esgrimidos dende o PSOE. Eduardo Reguera explicaba que “a nosa responsabilidade é votar que non porque non se levou adiante un proxecto consensuado con partidos políticos e cidadáns e non podemos ser partícipes de trasladar cartos do centro asistencial ao pavillón”. Unha proposta que se rexeitou nun pleno anterior e que onte lograba saír adiante pola abstención de AER. O seu concelleiro Alfonso Blanco malia as súas críticas ao goberno local “pola súa falta de xestión que os levou a renunciar a un centro de día en Trasmañó” anunciou a súa abstención “porque estamos a falar dos cartos dos redondeláns”.  

Ana Alonso PP
Defende o cambio de investimentos
Alfonso Blanco AER
Critican a decisión do PP de renunciar ao centro de día
Cecilia Pérez Orge BNG
Acusa aos populares de querer pasar a historia por mega proxectos e esquecerse das infraestruturas asistenciais
Eduardo Reguera PSOE
Criica a decisión do Pp de modificar un proxecto consensuado no seu inicio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará