Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis matemáticas para os alumnos da ESO

RR_Noticias

Os institutos impartirán unha hora máis semanal de matemáticas en 1º, 2º e 4º da ESO a partires de setembro. É un dos moitos cambios que a Consellería de Educación implanta no próximo curso para adaptarse á LOMCE. En Redondela os alumnos dos institutos lamentan os continuos cambios que se producen no ensino, que lle restan estabilidade. Os mestres lamentan que non se amplíe o horario noutras materias básicas como as linguas.

A ESO gañará tres horas de matemáticas e os centros poderán fixar novas materias optativas en Secundaria e Bacharelato. Ademais en 4º de ESO haberá dous itinerarios: o laboral e o académico. Estes son algúns dos cambios establecidos pola LOMCE e que entrarán en vigor no próximo curso. Sen entrar a valorar o positivo ou negativo destes cambios, son moitos os alumnos que entenden que non é bo que o sistema educativo estea a mudar constantemente, e defenden unha lei de educación que lle dea “máis estabilidade”, tal como opina Yurena, alumna de 1º de Bacharelato. Ampliar o horario en matemáticas é necesario, segundo os mestres, xa que son moitos os alumnos que presentan unha “mala base” nesta materia, pero lamentan que outras materias como as linguas reciben peor tratamento. Unha das mestras do Instituto Mendiño advirte que as linguas son “fundamentais” para a comprensión e expresión dos alumnos en todos os ámbitos. Tamén haberá máis materias optativas e de libre configuración de maneira que o alumnado “poida ir deseñando a súa formación” e os centros terán a oportunidade de fixar novas materias que queiran impartir, previa autorización da Consellería de Educación. Un anuncio que nos centros centros de Redondela consideran “inviable”, debido ao recorte de profesorado que sofre o ensino público. Outra novidade dos currículos adaptados á Lomce que aplicará Galicia é a creación de itinerarios xa en 4º da ESO, cando os alumnos poderán elixir entre un itinerario orientado ao ámbito laboral e ao mercado, como paso a Formación Profesional, ou outro camiño máis académico, previo a Bacharelato e á Universidade. Alejandro, que estuda 2º de Bacharelato, entende que os estudos da ESO deberían ser comúns para ofrecer unha cultura xeral básica a todos os alumnos, e que logo no Bacharelato poidan recibir formación máis específica segundo as súas preferencias. En calquera caso, nos dous itinerarios terán para elixir dúas materias dun conxunto de nove (específicas de opción) e outras dúas troncais dunha oferta de catro. Xa en Bacharelato, os estudantes disporán de tres itinerarios: humanidades e ciencias sociais; ciencias e artes.  

Yuren alumna de 1º Bacharelato
Esta alumna entende que tantos cambios no sistema educativo non son bos.
Máis horas de linguas
Os mentres lamentan que non se amplíe o horario en lingua.
Máis optativas
Nos centros advirten que é inviable aumentar as materias optativas se non hai mestres suficientes.
Alejandro 2º de Bacharelato
Defende que as materias na ESO sexan comúns para todos e que se especialicen máis no Bacharelato.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará