Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP non logra sacar adiante un orzamento que a oposición tilda de irreal e electoralista

RR_Noticias

A acendida defensa feita pola concelleira de facenda, Ana Alonso dun documento económico por valor de 17 millóns que cualificou de “axustado e adaptado ás realidades de Redondela” non convenceu aos grupos da oposición que votaron en contra por considerar que as contas son “irreais” ao contemplar “unha previsión de ingresos excesiva”.

Os populares non lograron ningún apoio entre os grupos da oposición que lles permitise aprobar o orzamento municipal para este 2015. Unhas contas que segundo a edil Ana Alonso son “axustadas e adaptadas á realidade, uns orzamentos equilibrados que cumpren cos requisitos de estabilidade e que aumentan as subvencións destinadas a servizos sociais, ensino e emprego”. Na partida de investimentos, salientaba a edil que se destinan 1,6 millóns de euros, unha parte importantes para completar o plan marisma Máis así como 180.00 euros para os orzamentos participativos cun reparto de 15.000 euros por parroquia ou 30.000 para o traslado das oficinas de Servizos Sociais ao Multiusos da Xunqueira. Unhas contas que se atoparon co rexeitamento en bloque dos grupos da oposición que as cualificaron de electoralistas e irreais. Así, dende o PSOE Eduardo Reguera cualificaba de inoportuno celebrar o debate dos orzamentos a tan só 2 meses das eleccións e argumentaba o voto en contra do seu grupo por presentar unhas partidas de gasto “desproporcionadas” tal e como se recolle no propio informe do interventor no que se elude a “unha previsión de ingresos excesiva”. Era especialmente crítico tamén coa decisión do PP de trasladar as oficinas de Servizos Sociais ao multiusos “é unha barbaridade xa que non se garante a intimidade das persoas que van demandar a atencións destes servizos”. Pola súa banda dende o BNG Cecilia Pérez Orge afirmaba que o documento económico do PP é irreal “con ingresos que non están suficientemente argumentados e partidas sobredimensionadas”. Criticaba tamén que se aumenten determinadas partidas nominativas mentres se esquecen por exemplo “do convenio con Lenda que leva anos conxelado”. A nacionalista criticaba tamén as políticas de emprego do goberno local “con obradoiros sen saída laboral e contratacións precarias no propio concello”. Pola súa banda dende AER Alfonso Blanco anunciaba o seu voto en contra porque “logo de catro anos de convivir co PP xa coñecemos como xestionan os orzamentos” e puxo como exemplo as contas do ano pasado. Ana Alonso defendeu en todo momento as contas “abaladas pola xestión de anos anteriores, cando pechamos todos as liquidacións en positivo”. Uns argumentos que non foron suficientes para contar con algún apoio que lles permitise sacar adiante o último orzamento do mandato.  

Ana Alonso PP
A edil de facenda defendeu uns orzamentos "axustados á realidade" con investimentos por valor de 16 millóns
Eduardo Reguera PSOE
Inoportunos e desproporcinados
Traslado Servizos Sociais
Critican a decisión que cualifican de barbaridade
Cecilia Pérez Orge BNG
Partidas sobredimensionadas
Políticas de emprego
Critican as políticas do PP neste eido
Alfonso Blanco AER
Cuestinan a aplicación que o PP fai dos orzamentos
PP: liquidacións en positivo
Con ese argumento rexeitaba Alonso as críticas da oposición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará