Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o ciclo Versión Orixinal cunha proposta infantil

RR_Noticias

O Servizo de Normalización Lingüística organiza, novamente, proxeccións de cinema en lingua galega. A programación ofrece dous filmes, un para idades moi temperás e outro para público adulto, que se proxectarán o auditorio da Xunqueira en alta definición. A primeira será este domingo ás 18:00 horas coa película A tropa de trapo na selva do arco da vella orientada a nenos de entre 2 e 6 anos.

Baixo o nome de Versión Orixinal continúase este ciclo iniciado en 2013 co obxectivo de ofrecer actividades de lecer en lingua galega e mostrar a súa riqueza e utilidade para as creacións audiovisuais. Asemade, dá a coñecer as creacións artísticas galegas e procura unha sensibilización da poboación para apoiar as producións que se fan en Galicia e á asistencia a espectáculos na lingua propia. O domingo 15 de marzo, ás 18.00 h, proxectarase o filme A tropa de trapo na selva do arco da vella, unha comedia de animación especialmente indicada para nenos e nenas de 2 a 6 anos, dirixida por Álex Colls e producida por Abano Producións, que estivo nominada ao premio Goya ao mellor filme de animación en 2014. A entrada ten un custo de 2 € (infantil) e 4 € (adulta), e poderanse adquirir no multiúsos da Xunqueira dende dous días antes á proxección. O domingo 22 de marzo, ás 20.00 h, proxectarase o filme Os fenómenos, dirixido por Alfonso Zarauza e producido por Zirco Zine e Maruxiña Film, para público adulto, que obtivo 20 nominacións nos pasados premios Goya, incluídos o de mellor dirección e mellor película. Un drama social con pinceladas de humor, que fala do esplendor e decadencia do ladrillo, a través do personaxe interpretado por Lola Dueñas. O reparto complétase con Luís Tosar, Juan Carlos Vellido, Ledicia Sola, Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira, Xúlio Abonjo, Gonzalo Uriarte e Antonio Durán “Morris”.  

A tropa de trapo
Trailer

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará