Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Cesantes esixen paralizar as obras do muro do paseo da praia

RR_Noticias

Cualifican a actuación que se está a realizar na praia da Punta en Cesantes de “aberración estética e medioambiental” tanto polo material empregado como pola falta de inclinación do muro que se está a construír. Solicitan a convocatoria urxente do Consello parroquial e a paralización inmediata das obras.

“Esiximos que se pare esta obra porque é unha aberración estética e medioambiental” así de contundente se amosa o presidente da asociación de veciños de Cesantes, Fernando González quen ven de presentar no concello un escrito solicitando a convocatoria urxente do Consello parroquial. O obxectivo é paralizar construción do muro que se está a realizar no paseo da praia por entender que vai provocar “importantes prexuizos nesta zona de altísimo valor. Explica que non se está a respectar a inclinación que un muro destas características debería presentar xa que se están construíndo completamente vertical o que provocará que se desprace a area reducindo o espazo da praia. Ademais segundo explica esta actuación pon tamén en risco os bancos marisqueiros. Critican tamén que non exista un informe de impacto ambiental e que as obras se estean a realizar a toda présa. “Para non perder unha subvención non se están a atender as consecuencias medioambientais que vai ter”. No camiño de lograr parar a obra veñen de solicitar a convocatoria urxente do Consello parroquial e buscan apoios “nos grupos da oposición, na confraría, na plataforma en defensa da enseada e na Federación de Asociación de Veciños”, colectivos moito deles que xa lles amosaron o seu apoio expreso. Fernando González lembra que existen alternativas a esta actuación e que agora está en mans do goberno local actuar e paralizar unha obra que non debería realizarse nun lugar especialmente sensible.  

Fernando González AVV Cesantes
A obra vai ter importantes prexuizos
Parar a obra
Veñen de solicitar unha reunión urxente do Consello parroquial
Alternativas
O presidente da asociación entende que existen técnicas alternativas viables

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará