Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pregunta no congreso polo futuro da nova estación ferroviaria de Os Eidos

RR_Noticias

Logo de anos rematada e a piques de poñerse en marcha o Eixo Atlántico de Alta velocidade, descoñécese que trens van facer paradas nesta estación así como cal vai ser o persoal que vai traballar alí. Por este motivo, a deputada do BNG, Olaia Fernández Davila ven de presentar no parlamento unha xeira de preguntas sobre que servizos van funcionar en Redondela e cales van ser as prestacións que a nova estación vai ofrecer aos pasaxeiros.

A estación de Os Eidos leva xa varios anos rematada e ante a inminencia da posta en marcha do Eixo Atlántico de Alta Velocidade e a falla de información sobre o futuro da mesma, a deputada nacionalista Olaia Fernández Davila ven de presentar unha serie de preguntas ao respecto.
A nacionalista, que visitou días atrás as novas instalacións dos Eidos xunto con membros da organización local do BNG e do sindicato CXT amosa a súa preocupación ante o descoñecemento existente sobre si se vai dotar de persoal esta estación, se vai contar con venta de billetes e, sobre todo, no referente a cales van ser os trens e os servizos cos que contarán os veciños.
Pola súa banda o concelleiro Xoán Carlos González, manifestou que “Redondela foi tradicionalmente un importante nó ferroviario e que debemos traballar para que aínda o sexa, tanto coa Alta Velocidade como co Tren de Proximidade”. Para o BNG, a día de hoxe está todo no aire xa que “non está claro que se vai dotar de persoal a Estación de Os Eidos, nin que tipoloxía de trens van a permitir que Redondela, siga desenvolvendo un papel importante na rede ferroviaria galega”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará