Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela e Campito non poden cos rivais

RR_Noticias

O Redondela foi a por todas no partido disputado esta fin de semana ante o líder da categoría, o Sala Ourense. Con todo, os rivais amosaron o seu poderío e fixéronse co partido cun axustado 3-4. Difícil encontro tiñan tamén os homes do Campito, que xogaban no campo do terceiro clasificado, o Quinta Tui e que nada puideron facer nun partido que rematou cun resultado de 7-3.

O Redondela non foi quen de vencer ao líder da categoría aínda que os de Mougán si demostraron que son un digno rival e incluso durante cinco minutos da primeira parte lograron ir por diante no marcador. Con todo, o Sala Ourense sería quen se levase os puntos do encontro. Un partido que non defraudou a ninguén, no que os dous equipos manexaron as posesións con moita velocidade e criterio. Aos 10 minutos, Tizón daría vantaxe aos de Mougán, pero pouco duraría a alegría xa que Guerra anotaba o empate. Ao descanso chegaríase xa con clara vantaxe para os visitantes que dominaban o marcador cun 1-3.
Máis conservadores na segunda parte, o Ourense tivo que enfrontarse a un Redondela que nunca se rende e que puxo emoción a un partido que rematou co resultado de 3-4.
O Redondela ten outro rival difícil na vindeira fin de semana, xogarán no campo do Vigo, sextos da categoría.
Tampouco o Campito logrou a vitoria na súa visita ao campo do Quinta Tui. Os de Chapela son oitavos logo de perder por 7-3. Na vindeira semana reciben a un rival directo, o Verín Fútsal, situado na sétima praza do grupo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará