Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Hoxe será soterrado en Soutomaior o veciño que faleceu mentres practicaba pesca deportiva

RR_Noticias

Serafín Cernadas Lusquiños, de 70 anos de idade e veciño do barrio de Comboa en Soutomaior, será soterrado hoxe na igrexa do Divino Salvador ás catro da tarde. O home un mariñeiro xa retirado e alcumado “O Doutor” faleceu o pasado sábado logo de caer ao mar cando se atopaba practicando pesca deportiva na zona coñecida como O Puntal.

O tráxico suceso producíase ao redor das 13:30 horas cando un home que se atopaba no lugar daba o primeiro aviso ao 112 e á Policía Local de Soutomaior logo de ver como o falecido se mergullaba na auga. Ás labores de procura sumáronse tamén o helicóptero “Pesca 1”, do servizo de Gardacostas, e a embarcación de rescate “María Pita”. A chegada do helicóptero de seguido deu os seus froitos e ao redor dunha hora despois, sobre o tres e media da tarde, atopábase o corpo a escasos quilómetros do lugar no que foi atopada a embarcación.
As primeiras hipóteses dos servizos de salvamento sinalaban a un golpe que a vítima puido sufrir e que o levou a caer á auga, pero as investigacións realizadas a continuación pola Garda Civil, que atoparon os pantalóns e os zapatos do mariño na embarcación, apuntan a que foi o mariñeiro o que se mergullou na auga por un posible problema coa hélice ou o motor da embarcación. O cadáver da vítima foi trasladado ao hospital Nicolás Pena de Vigo para realizarlle a autopsia que aclarará os motivos da tráxica morte.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará