Hoxe é Domingo 13 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición reprende ao PP por presentar unha moción en paralelo á Plataforma da hepatite C

RR_Noticias

O pleno aprobou por unanimidade unha moción presentada pola Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C na que se solicita a goberno estatal e Xunta que garantan o acceso dos enfermos aos novos tratamentos. A decisión do PP de presentar unha moción sobre o mesmo tema provocou un tenso debate no que os grupos da oposición e os propios representantes da Plataforma os acusaron de “electoralistas”, “oportunistas” e “indignos”.

Foron moitos os calificativos que os populares tiveron onte que escoitar por parte dos seus adversarios políticos. A decisión do PP de presentar unha moción un mes despois de que xa o fixera o PSOE en nome da Plataforma de Afectados pola Hepatite C, non sentou ben nin entre os membros da plataforma, algúsn de cuxos representantes se atopaban na sala, nin tampouco entre os grupos da oposición. Malia que o texto dos populares amosaba o seu apoio ás demandas dos enfermos de hepatite C, con referencias á necesidade de que os novos tratamentos sexan incluídos no catálogo de terapias do sistema público a un prezo razoable e que a Consellería de Sanidade garanta o acceso dos enfermos e estes fármacos, ningún dos concelleiros da oposición lle deu o seu apoio. De feito, durante as súas intervencións reclamaron ao PP que retiraran a moción e que se debatera exclusivamente a presentada pola Plataforma. Dende o PSOE era Digna Rivas a que facía esta petición e cualificaba a iniciativa do PP de “vergoñenta” No mesmo sentido se manifestaba dende AER, Alfonso Blanco quen acusaba ao PP de “intentar sacar “rédito dos afectados” Igual de contundente se manifestada Xoán Carlos González do BNG quen lle afeaba ao PP que presenten esta moción en Redondela “mentres rexeitan isto mesmo no Parlamento e ningunean aos enfermos”. Dende o PP a Concellería de servizos sociais, Teresa París, defendíase das críticas argumentando que “cada grupo ten dereito a presentar o que considere oportuno”. A moción do PP non foi aprobada pero si a da Plataforma que contou co apoio de todos os concelleiros. Previamente foran dúas integrantes da plataforma as encargadas de trasladar ao pleno como se pasou dunha situación de esperanza, logo de coñecer a existencia das novas terapias, e outra ben distinta tras comprobar como dende as instancias políticas se lles negaba o acceso a eses medicamentos.  

Plataforma de Afectados
Julia e Carmen puxéronlle voz aos enfermos
Alfonso Blanco AER
Acusou ao PP de intentar sacar rédito dos afectados
Xoan Carlos González BNG
Ácusou aos populares de manter posicións contradictorias en Redondela e no parlamento
Digna Rivas PSOE
Os socialistas instaban ao PP a retirar a súa moción
Teresa París PP
A responsable de Servizos Socias respondía ás críticas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará