Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Polémica pola inclusión dunha exposición sobre o exército na programación cultural

RR_Noticias

“El ejército del aire. Una visión histórica” este é o título da exposición do Ministerio de Defensa que se poderá ver no Multiusos da Xunqueira dende mañá venres e ata o vindeiro 11 de marzo. Unha mostra cuxo interese cultural é posto en cuestión dende o BNG. O responsable local da organización Xavier Balsas, considera que “constitúe toda unha novidade que se empreguen espazos dedicados ao fomento da cultura para darlle publicidade ao exército español” e insta ao responsable de cultura Julio Alonso “a non poñer en marcha esta actividade de propaganda do exército”.

Dende o 27 de febreiro ata o 11 de marzo, está programada unha exposición do exército do aire no Multiusos de A Xunqueira. Unha mostra que arrancará mañá venres cunha conferencia a cargo do xeneral de brigada e director do Instituto de Historia e Cultura Aeronáutica, Santos Senra Pérez, e que está incluída dentro da programación de cultura do Concello.
O responsábel local do BNG, Xavier Balsas cuestiona que “realmente se trate de cultura, e non de propaganda a favor dunha entidade de carácter militar” e cualifica de “feito sen precedentes” que se lle dea publicidade ao exército “unha institución que postula o uso do armamento como o seu fin” cando a programación cultural do Concello debe estar para fomentar e difundir a cultura.
Entenden no BNG que “hai moitas actividades culturais en que centrar os esforzos do Concello antes de facer proselitismo en favor dunha institución arcaica e reaccionaria que absorbe cantidades indecentes dos orzamentos do Estado” motivo polo que instan ao concelleiro de Cultura, Julio Alonso, “a non poñer en marcha esta actividade de propaganda do exército español. En caso contrario engade Balsas “quedaría en evidencia a súa incapacidade para fomentar a cultura en Redondela”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará