Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama o incremento de persoal en correos para acabar cos “atrasos inxustificables”

RR_Noticias

Aseguran dende o Bloque que logo de reducirse os cadros de persoal no servizo pasándose de 21 carteiros a tan só 18 en toda a comarca as demoras no reparto incrementáronse. Por ese motivo solicitan ao pleno do concello que se lle reclame a Xunta a ao goberno do estado medidas para solucionar a problemática denunciada recentemente pola Asociación de Veciños de Chapela

Explica o BNG que as demoras no reparto superan en moitos puntos de Galicia os quince días e qie afectan de xeito xeneralizado o rural galego “sendo moito máis grave nas áreas metropolitanas das cidades, vilas ou concellos máis grandes”.
As razóns deste atraso está “nas condicións extremas en que desenvolven a súa actividade os traballadores deste servizo pola redución no seu número de efectivos”.
Unha situación que afecta tamén a Redondela logo de que agosto de 2013 se fixera  unha reestructuración do reparto pasando de 21 a 18 carteiros, número no que se inclúen os de Fornelos de Montes (2) e Pazos de Borbén (2).
Por este motivo presentarán unha moción no pleno de mañá na que denuncian a situación e reclaman a adopción de medidas por parte do goberno do estado encamiñado a garantir o servizo postal e a cobertura de vacantes nos cadros de persoal de Correos para resolver estes problemas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará