Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG leva ao Parlamento os atrasos no reparto de correos en Chapela

RR_Noticias

Os nacionalistas destacan que o motivo dos atrasos denunciados dende a Asociación de veciños con cartas que tardan en chegar ata 15 días dentro da propia parroquia responde “ao empeoramento das condicións laborais en Correos, que dificultan o labor dos profesionais e impiden unha maior axilidade nos repartos”. Unha situación que afecta tamén a outras oficinas da bisbarra, como é o caso de Soutomaior e para a cal esixen solución.

Ante as queixas que a veciñanza de Chapela e Soutomaior fixeron chegar ao BNG sobre os “continuos e sistemáticos atrasos” no servizo de correos, as deputadas da organización nacionalista en Madrid, Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez Fernández, presentaron unha pregunta ao goberno do Estado sobre esta cuestión na que destacan que existe un continuado deterioro do servizo de correos no rural galego e, especialmente, en zonas periurbanas como é o caso de Chapela e Soutomaior.
Analizando a situación, observan as deputadas que entre as causas de que o servizo sexa tan precario está o feito de que o persoal de Correos se viu considerablemente reducido, ao non se cubriren as prazas que quedan vacantes por xubilación nin as baixas por enfermidade. Ademais, no caso do rural galego, aplícanse ratios por poboación que non teñen en conta a dispersión poboacional característica do noso país, tratando o servizo como se se tratase das poboacións concentradas doutras partes do Estado.
En definitiva, destacan as representantes do BNG “estase a dar unha situación en que o persoal de correos ten que enfrontar unhas condicións laborais deplorables, máxime tratándose dun servizo público onde a administración debería dar exemplo; e ao mesmo tempo o público está a recibir un servizo peor que en épocas pasadas onde as dificultades técnicas para o correo eran evidentemente moito peores”.
O BNG reclama do Goberno medidas urxentes para solventar esta situación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará