Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela e SAR non se descolgan dos postos de cabeza

RR_Noticias

Ocupan o terceiro e cuarto posto en Primeira nacional masculina logo de lograr esta fin de semana vencer aos seus respectivos rivais. O Oar Coruña caía ante o Construcciones Castro Chapela por 23-28 mentres que a Sar mantense no cuarto posto tras vencer ao Lucero por 20 goles a 22.

Logo de tres xornadas sen coñecer a vitoria, os xogadores do Chapela lograron un importante triunfo na súa visita ao campo do Oar Coruña. Un partido que rematou co resultado de 23-28 a favor do Construcciones Castro, equipo que na vindeira semana reciben no pavillón de Chapela ao Calvo Xiria, situado no sexto posto da clasificación.
Pola súa banda os xogadores da Sar fixeron tamén os deberes na súa visita ao campo do Luceros. Un partido que rematou co resultado de 20-22 e que dá aos de Redondela ánimos para enfrontarse na vindeira fin de semana ao líder da categoría, O Cisne.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará