Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A concesionaria do servizo de Axuda no Fogar renuncia ao contrato por “un erro de cálculo”

RR_Noticias

O pleno do concello aprobou unha nova adxudicación que recaerá agora na empresa Valoriza Servicios, que fora a que quedara en segundo lugar no proceso de adxudicación que outorgara a maior puntuación a Clece, principalmente por resultar a súa oferta económica a máis vantaxosa. Con todo, a empresa tivo que renunciar logo de comprobar que os números achegados non eran realistas para seguir mantendo a calidade do servizo.

Así o explicou no pleno de onte a Concelleira de servizos sociais, Teresa París, quen pediu o apoio dos grupos para axilizar o proceso para evitar calquera prexuízo aos usuarios do servizo.
Dende a oposición cualificaron todo o proceso de chapuceiro e demandaron do goberno local que adoptara medidas para que non se volvera repetir esta situación.
O servizo de axuda a domicilio é unha prestación que a día de hoxe está atendendo a unha 40-45 persoas mensualmente, usuarios que debido a súa situación persoal necesitan de atención orientada a mellorar a súa calidade de vida no fogar: axuda para a súa limpeza, para a preparación e adquisición de alimentos, apoio na hixiene persoal ou na mobilización da persoa. Unha atención que se presta a aqueles veciños que así o soliciten e cumpran unha serie de requisitos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará