Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castro Chapela afronta a segunda volta co reto de optar ás prazas da fase de ascenso

RR_Noticias

O equipo de Fran Teixeira ocupa a terceira praza da clasificación, a catro puntos do Seis do Nadal, que é segundo, e a seis do Cisne, que lidera a Primeira Nacional. O seu obxectivo é non cometer erros e chegar vivos á recta final da competición para ter opcións de colarse nos “play-off”.

Logo do empate da pasada xornada diante do At. Novás, os redondeláns non poden cometer máis erros. O adestrador é firme no seu obxectivo de pelexar ata o final por facerse cunha das prazas de cabeza, polo que non hai marxe para a relaxación. A próxima xornada viaxan ao Morrazo para xogar na pista do Bueu. Un partido cun rival asquible para o Chapela, situado na metade baixa da táboa, pero para o que Teixeira esixe “máxima concentración”. O Castro Chapela afronta o encontro con “responsabilidade”, sabedor de que non pode deixar escapar máis puntos. Xogarán o sábado, ás 19.00 horas, no Pavillón Municipal de Bueu.  

Fran Teixeira adestrador
O técnico confía nas opcións do Castro Chapela na segunda volta.
Bueu At.-Castro Chapela
Os redondeláns afrontan o encontro con moita responsabilidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará