Hoxe é Venres 24 de Setembro de 2021
History
Stations
NOTHING FOUND!

Aberto o prazo para participar na VIII edición do concurso de maquetas Millo Verde

RR_Noticias

Poden participar todos os grupos ou solistas con residencia na Galicia ou en Portugal que non teñan disco editado por un contrato discográfico e que presenten a súa candidatura antes do 1 de marzo. Admítense traballos encadrados en calquera estilo musical. O gañador obterá un premio de 300 euros e o dereito a formar parte do cartel do IX Festival Millo Verde, que terá lugar os días 11, 12 e 13 de Xuño.

Os traballos constarán de 3 cancións de composición propia que terán que ser enviados en formato mp3, acompañados dunha breve reseña biográfica (compoñentes, estilos, procedencia, concertos realizados…). É imprescindible ter un repertorio para directo de 40 minutos de duración como mínimo. Todo este material debe ser enviado ó enderezo electrónico concursodemaquetas@gmail.com. sendo imprescindible indicar nome, número de teléfono e correo electrónico da persoa de contacto.
De tódolos traballos presentados seleccionaranse un mínimo de 3 finalistas que participarán nunha festa concerto o día 27 de marzo. O público asistente a ese concerto será o encargado cos seus votos de elixir ao gañador desta edición.
Toda a información pode consultarse no enderezo www.milloverde.org
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *