Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un corte no subministro eléctrico deixa sen alumeado público a parroquia de Saxamonde

RR_Noticias

O problema detectouse na tarde do domingo, cun corte que afectou a gran parte do Val de Maceiras sendo Saxamonde a parroquia máis afectada ao carecer de alumeado público durante a noite do pasado día 17. O BNG esixe responsabilidades a Javier Bas por tratarse dun problema reiterado e anima aos veciños a reclamarlle descontos a Fenosa nos seus recibos polos prexuizos causados.

Arredor das sete da tarde e ata en tres ocasións, fallou o subministro eléctrico en varias parroquias de Redondela. Estes cortes afectaron tanto ao alumeado público como ao subministro que chega ás vivendas particulares.
Saxamonde, e en concreto os barrios de O Souto e Padrón foron os máis afectados. Malia que se restableceu a enerxía eléctrica, durante o resto da noite esta parte de Redondela careceu de alumeado público coas conseguintes incomodidades para a veciñanza.
O concelleiro nacionalista Xoán Carlos González “considera a situación de inaceptábel. Trátase da enésima falla de subministro desta envergadura en seis meses. Fenosa, está a ofrecer un servizo terceiromundista”.
O concelleiro nacionalista acusa de “deixadez absoluta ao alcalde Javier Bas, posto que non fixo nada para que estes fallos deixaran de producirse”. Considera alarmante que a estas alturas, aínda teñamos que sufrir cortes na subministración de enerxía eléctrica e moito máis nesta época do inverno.
Engade que “Fenosa cobra relixiosamente os recibos a todos e cada un dos aboados, incluído o Concello non amosando moitos miramentos, no caso de impagos, para cortaren o subministro. Trátase dunha situación humillante”.
Anima o concelleiro nacionalista ” a que todos os e as afectadas por fallas de subministro fagan valer os seus dereitos como cidadáns, reclamándolle a Fenosa o desconto por estes cortes”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará