Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cecilia Pérez Orge non repetirá como candidata do BNG

RR_Noticias

A actual voceira do Bloque en Redondela anunciou que non ía repetir despois de ser cabeza de lista na convocatoria do 2011. Segundo as súas palabras “é o momento de que outra persoa encabece a candidatura do BNG. Trátase dun proxecto colectivo, onde as individualidades e os personalismos, non teñen cabida”.

Pérez Orge confirmou que “logo de ter traballado nos últimos vinte anos co BNG vai manter dito compromiso apoiando todas e cada unha das actuacións que se desenvolvan nos vindeiros meses”. Comprometeuse a dar o seu “apoio incondicional” a aquela persoa que saia democraticamente respaldada pola Asemblea Local de Redondela.
Un nome que polo de agora aínda está por desvelar.
Non é esta a única incógnita que se mantén respecto dos vindeiros comicios electorais, xa que polo de agora o único candidato confirmado é o dos socialistas, logo de que Eduardo Reguera liderara a única lista que se presentou ás primarias locais do PSOE. Todo apunta que Javier Bas repetirá tamén como candidato popular á alcaldía, malia que aínda non confirmou a súa candidatura.
Tamén falta por confirmar quen será o cabeza de lista de AER, unha Agrupación de Electores que si confirmou que se volverían presentar aos comicios municipais.
E non só hai incógnitas sobre os candidatos. Tamén falta por ver cantos partidos se presentan logo da disolución de Anova Redondela e a posible presentación doutras candidaturas como Esquerda Unida, FPG ou formacións independentes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará