Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Jacobo Montes, adestrador do C.D. Choco : “O equipo está no lugar que merece”

RR_Noticias

O conxunto redondelán superou unha longa xeira de seis partidos sen gañar logo de impoñerse o pasado domingo ao Xuventú Sanxenxo. E fíxoo como os grandes, no último minuto e cun home menos. Agora ocupa a novena praza do grupo, con 30 puntos, unha situación “merecida”, segundo o técnico, que defenderán o próximo domingo en Vilalba.

Despois dun comezo de liga espectacular no que o equipo redondelán chegou a liderar a Terceira División, unha nefasta racha levou ao Choco a caer ata a metade baixa da táboa. Para o técnico, Jacobo Montes, foi unha situación que non se axustaba coa calidade do equipo, xa que “a crise foi só de resultados, e non de xogo”. O domingo comezaron a segunda volta e puxeron fin ao maleficio nun partido épico diante do Sanxenxo. Cando firmaban o empate 1-1, e cun home menos, no minuto 90 chegou o gol da vitoria obra de Hugo. Tres puntos que devolven ao Choco á metade alta da táboa e supoñen unha inxección de moral para os xogadores. Están empatados a 30 puntos puntos co Arousa e o Ribadeo, e buscan o obxectivo de sumar os 45 que lle garantan a permanencia. Para iso teñen por diante unha segunda volta marcada polos caprichos do calendario. Os primeiros partidos serán contra rivais, en principio, máis accesibles, e os últimos contra os equipos máis fortes. Por iso Montes quere aproveitar as próximas xornadas para facerse cun colchón de puntos que lle dea tranquilidade, aínda que advirte que calquera equipo desta categoría “pode facer dano”. A próxima xornada desprázanse para xogar co Vilalbés, sextos do grupo, aínda que só cun punto máis que os redondeláns. Para Montes a climatoloxía será un factor clave logo dunha semana de chuvias nun campo de herba natural. Enfronte terán a un equipo cunha defensa moi sólida e cun contragolpe rápido, polo que será fundamental “evitar perdas de balón” e non cometer erros.  

Jacobo Montes adestrador
No ecuador da competición Montes entenden que o Choco ocupa agora o lugar que merece.
Obxectivo permanencia
O adestrador busca canto antes sumar os 45 puntos que lle garantan a salvación.
Vilalba- C.D. Choco
O domingo o rival será o Vilalba e tamén as inclemencias meteorolóxicas nun campo de herba natural.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará