Hoxe é Martes 16 de Agosto de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria para o Redondela FS no seu primeiro partido do ano

RR_Noticias

3-1 foi o resultado do partido disputado na bomboneira ante o Verín e que serve aos de Julio Mougán para arrancar o ano sumando tres novos puntos e afianzándose na terceira praza da categoría. Peor sorte correron os xogadores do Campito que na súa visita a Ourense perderon por 4-3. Na liga galega norte o Arelaonga vencía 3-4 ao Noia B.

O Redondela FS comeza este 2015 como rematou o 2014, sumando tres puntos pero con moito traballo para conseguilo. Números extraordinariamente bos para os redondeláns que fan que se consoliden na terceira praza, incluso cun pequeno colchón sobre seus perseguidores.
Verín presentouse na Bomboneira con moitas baixas. Isto fixo que co paso dos minutos, a falta de recambios e o ritmo constante imprimido polos locais, o encontro se lles puxera moi costa arriba. Goles de Varo, Daniel e Jorge permitían ao equipo pechar o encontro cun marcador a favor de 3-1.
Mougán anuncia unha segunda volta “moi entretida nunha Liga Galega do máis igualada das últimas tempadas”. Esta semana non haberá xornada para o Redondela xa que se disputarán dous encontros aprazados, para retomar a competición o sábado 24, outra vez coma locatarios, coa visita do Lume Bamboo KrugNaval.
Unha liga galega sur na que milita tamén o Campito que perdía na pista do líder, o Sala Ourense Prol Sport por 4-3. Volverán á competición tamén dentro de dúas semanas e novamente cunha cita fora da casa, xogarán co Vigo.
O outro equipo de Chapela que milita na liga galega aínda que no grupo Norte recuperaba forzas nestas vacacións e logo do descanso do Nadal lograba sumar unha vitoria malia xogar fóra da casa. O Noia B perdía por 3-4 ante os de Chapela, que teñen unha cita a priori doada o día 24, cando reciben a un dos equipos da parte baixa da táboa, o Lodairo.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará